Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Cedeira rende tributo ao sabor e a frescura da merluza da volanta

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A merluza da volanta é a clara protagonista da fin de semana na vila de Cedeira. Tras unha semana chea de actividades previas, a segunda edición da festa gastronómica deu comezo onte pola mañá para continuar durante a xornada de hoxe –desde as 12.00 horas e ata a media tarde– na carpa climatizada situada ao carón do pósito local-

A Confraría de Pescadores, organizadora da cita coa colaboración do Concello e do Museo Mares de Cedeira, repartirá entre 800 e 1.000 racións do produto. O público pode elixir entre diferentes receitas: tosta de merluza, merluza cremosa e merluza top secret (con “mousse” de patacas violetas, gambas e pasas) –a un prezo de oito euros cada unha delas–. Tamén se preparan unha táboas de variados pinchos para gozar do sabor do peixe de diferentes maneiras –12 euros–.

A merluza foi donada por un total de nove embarcacións da vila.

De xeito paralelo á degustación, hoxe continuarán as visitas guiadas no Museo Mares de Cedeira –haberá ás 11.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas–, estando ademais previsto para as 12.00 horas un obradoiro de nós mariñeiros. No mesmo espazo expositivo, as persoas interesadas poderán contemplar a mostra de volantas e rascos.

Así mesmo, na xornada de hoxe –ás 14.00 horas– terá lugar a entrega de premios do certame de tapas celebrado a anterior fin de semana no marco da festa.
Tal e como xa se anunciou hai uns días, a organización acordou incrementar o número de establecementos premiados de un a tres como resposta a gran implicación e participación do sector da hostalería da vila na promoción da gastronomía local. Nese mesmo intre celebrarase tamén o sorteo dunha cea para continuar a programación coa sesión vermú con Pablo Balseiro y Los Cascarillas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620