Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Carlos Bernárdez: “Detrás da paisaxe de Corral hai un discurso sobre o país”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

“A captación do mundo natural é unha maneira de reencontro coa propia identidade”. Esta frase de Otero Pedrayo é unha das que ilustran a mostra “Imeldo Corral. Paisaxista das irmandades” que a sede da Fundación Novacaixagalicia ten aberta en Ferrol ata o 11 de xaneiro”.
Unha exposición que foi inaugurada o pasado 9  de outubro e que xa contemplaron máis de 2.800 persoas. Conformada por 35 óleos de mediano e pequeno tamaño, e tres publicacións pertencentes á Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, a procedencia da obra de Corral é moi heteroxénea e nela colaboran desde a propia fundación ata as deputacións, Casino Ferolano, Academia de Belas Artes da Coruña, Museo Quiñones de León de Vigo e coleccións particulares. Un percorrido pola obra de Imeldo Corral (1889-1976) que ten ao crítico e investigador Carlos López Bernárdez como o seu comisario. “Non quixemos facer un percorrido meramente cronolóxico pola obra de Corral porque o seu estilo é bastante homoxéneo. Esta forza paisaxística na que se retrata a zona de Ferrol e Valdoviño ten pouco que ver coa dozura coa que, por exemplo, Castelao vía a paisaxe das Rías Baixas. O obxectivo da exposición e do propio catálogo da mesma é o de reivindicar a Imeldo como a un dos paisaxistas clave das Irmandades da Fala, do galeguismo e nacionalismo galego anterior á Guerra Civil, e que é un dos artistas e intelectuais importantes nesta corrente como outros ilustres paisanos como foron Xaime Quintanilla e Díaz Baliño, asasinados tralo alzamento franquista. No caso de Corral, tecnicamente a súa forte pincelada pouco variaría posteriormente”.
 
identidade
Para o crítico vigués “o que quixemos resaltar na mostra foi a consideración de Imeldo Corral como un paisaxista notable que xogou un papel moi importante no intento de crear unha escola de pintura galega no século XX, obxectivo ligado ao nacionalismo dos anos 10 e 20 do pasado século. A súa obra hai que entendela neste contexto, porque a súa paisaxe non é só unha paisaxe, unha mera postal, senón que detrás hai un discurso sobre o país. De feito moitos dos seus cadros están asinados como Imeldo Corral e, por abaixo, escribe a palabra Galicia”.
En canto ao seu estilo, Carlos López Bernárdez suliña o impulso romántico da obra do artista ferrolán. “O concepto identitario  da obra de Corral lévao a utilizar moitos verdes e azuis nunha pincelada chea de vigor que non oculta. En canto aos seus referentes naturais, aí están os espazos da zona de Ferrol e Valdoviño que son os que o nutren a súa mirada”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica