Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Muíño do Vento potencia a celebración dos Maios en Canido

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

A asociación cultural Muíño do Vento organiza o próximo venres e sábado un programa de actividades ao redor do mundo dos maios, a tradición que en Galicia marca o ciclo de exaltación da natureza trala chegada da primavera. Así, o venres comezan as actividades no local da Sociedade Galega de Historia Natural na porta de Canido. Alí, a partir das 19.00 horas, levarase a cabo a elaboración dun Maio. O acto precederá á conferencia que ás 20.00 horas promunciará o mestre, etnógrafo e historiador galego Clodio González Pérez, un dos investigadores que mellor coñece esta festa popular.

premios, música e xantar
O sábado as actividades matinais organizadas pola asociación Muíño do Vento trasládanse á praza do Cruceiro de Canido. Alí ás 12.00 horas entregarase o I Premio Muíño do Vento de Textos de Contraportada, así como os galardóns do certame escolar “Inventa unha flor”. Posteriormente actuará o alumnado do CEIP Cruceiro de Canido, Mundo Piruleta Teatro, a escola de baile Mario Escudero, o gaiteiro Antón Varela e a Quadrilha de Campo de Chao.
O acto final celebrarase no parque do río Insua, cun xantar popular que pretende dar continuidade á festa e reivindicar o patrimonio local.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica