Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Uns 60 rapaces participan desde o luns no campamento en inglés do campus de Ferrol

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Preto duns 60 rapaces de entre 4 e 12 anos participan desde o pasado luns na primeira quenda dunha nova edición do campamento en inglés organizado pola Área de Cultura da Universidade da Coruña no campus de Ferrol.
A empresa English Studio Narón encárgase da organización dunha proposta que durante os vindeiros quince días ofrecerá aos cativos unha ampla variedade de actividades e obradoiros, todas en inglés. Este ano, todo xirará arredor do tema “o mundo enteiro”, polo que os participantes converteranse en auténticos “trotamundos” para visitar os cinco continentes. Poderán facelo a través de actividades relacionadas coa plástica, a música, contacontos, xogos ou obras de teatro, todas elas adaptadas ás diferentes idades dos participantes.
Entre os obradoiros salientan tamén os de esgrima, danzas, xogos tradicionais ou de coñecemento do medio, ofertando como novidade un de desenvolvemento persoal.
A iniciativa, posta en marcha desde hai varios anos desde a Universidade da Coruña co obxectivo principal de facilitar a conciliación familiar e laboral durante parte das vacacións de verán, está a acadar un gran éxito, xa que o número de participantes foi subindo ano tras ano.
Para o desenvolvemento do campamento, a empresa organizadora conta “cos consellos expertos dun equipo multidisciplinar que inclúe profesorado de Infantil, Primaria, Educación Física, de ocio e tempo libre e, por suposto, de ensino de inglés como lingua estranxeira”.

quendas
English Studio Narón está integrado por un equipo de nativos e non nativos “experimentado e preparado tanto na docencia directa a alumnos como no mundo da formación de profesorado.
Este ano, o horario do campamento ampliouse, iniciándose ás 8.30 horas e rematando ás tres da tarde, de luns a venres –as familias que o precisan poden recoller aos nenos antes–.
A segunda quenda da actividade terá lugar do 16 ao 31 de xullo e nela tomarán parte outros 25 rapaces.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620