Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Rondallas e bandas de gaitas encherán de música o campo da festa de Piñeiros a próxima fin de semana

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O campo da festa de Piñeiros será a vindeira fin de semana o centro dun novo encontro de rondallas e tamén de bandas de gaitas (Memorial Lolete), que inclúe ademais churrascada. Esta celebración está organizada pola asociación veciñal en colaboración co Concello de Narón e a Deputación da Coruña e desenvolverase entre o venres e o domingo.
O venres 11, ás dez da noite, comezarán as actividades coa actuación de varios grupos musicais da zona. Xa o sábado 12 será o Encontro de Rondallas Cidade de Narón (organizado neste caso pola Concellería de Turismo), que comezará ás oito da tarde coa actuación do grupo musical Formación Rosas. A continuación tomarán o relevo Sonidos del Alba, Trovadores de Ares e Lucero del Alba.
Xa o domingo será o X Encontro de Gaitas “Memorial Lolete”,  a partir das 11.30 horas. Nesta ocasión participarán a banda de gaitas Álvaro Cunqueiro, de Lago, a de Pontevedra e tamén Agarimo de Catabois.
Logo da música será o tempo de gozar dun bo xantar na sétima festa do churrasco, a partir das 13.30 horas. O menú consistirá en mexillóns, churrasco, liscos, chourizos criollos, pan, viño, auga, café, xeado e queimada. Ten un prezo de quince euros e os tickets poden mercarse no ambigú do local social de Piñeiros, en Casa Baltasar e no estanco. Tamén o propio día no campo da festa. O dúo Maracuyá será quen se encargue de facer bailar ós comensais despois da abundante comida. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620