O Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha declaración impulsada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) para pedir que o Goberno do Estado, “dentro do respecto á independencia do poder xudicial, leve a cabo todas as actuacións pertinentes para pór a disposición da xustiza aos responsables da morte de José Couso Permuy”.
Este acordo chega cando se cumpren dez anos do asasinato do cámara ferrolán. Quérese así lembrar “a súa memoria, o seu traballo e a reivindicación cidadá para clarexar e xulgar aos responsables do seu asasinato”, segundo explica a declaración.
“José couso morreu no 2003 durante a invasión de Irak a causa dos disparos dun carro de combate estadounidense contra o hotel Palestina”, lembra o texto. “Desde entón diversas actuacións xudiciais tentaron pór en mas da xustiza española aos responsables”, continúa, “pero recibiron a negativa das autoridades estadounidenses”. Por iso o Parlamento “reclama que se clarexen as causas” do asasinato e que haxa un xuízo.
José Couso ten un premio en Ferrol co seu nome, que honra á liberdade de prensa, cuxo fallo se dará a coñecer o martes 16






















