Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Cantón de Cora mugardés acolle a VIII Festa do Marisco con degustacións e troula toda a xornada

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Club do Mar de Mugardos organiza durante toda a xornada de hoxe a oitava edición da súa Festa do Marisco. A entidade, que conta co respaldo do Concello para a organización desta cita, despachará a partir das 13.00 horas e ao longo de todo o día e ata a noite, racións de mexilóns, navallas e cigalas, e tamén churrasco, nunha carpa instalada no Cantón de Cora. A concelleira de Turismo, Lola González, animou á xente de toda a contorna e aos visitantes que pasan estes días pola comarca a achegarse nesta xornada á vila mugardesa “e aproveitar o ambiente festivo e a boa gastronomía a prezos populares”, dixo.

Pola súa banda, o presidente do Club do Mar, Guillermo Pereira, explicou que a recadación servirá para financiar as actividades da entidade, entre as que están a próxima participación do equipo feminino de traineras na Bandeira da Concha, en San Sebastián, por segundo ano consecutivo.

Pereira asegura tamén que para garantir a degustación durante toda a xornada teñen preparado materia prima máis que suficiente. Así, durante o día serviranse racións de mexilóns a cinco euros, e de cigalas e navallas a 12 euros, mentres que o churrasco venderase a 10 euros. No prezo están incluídos o viño e o pan. En total teñen dispostos para servir 250 quilos de mexilón, 100 de navallas, e 130 de cigalas, así como 150 quilos de churrasco. A organización prevé que se sirvan en torno a 600 racións.

Para animar a festa haberá actuacións musicais na sesión do mediodía e da noite. A partir das 13.00 horas actuará o músico Ángel Habana e a partir das 22.00 horas, fará o propio Dani Arroyo.

Concienciación
A cita gastronómica coincidirá con outras actividades vencellas ao mar como a Travesía a Nado Concello de Mugardos e a campaña “Non sexas pirata”. Esta última vaise desenvolver durante o día na praia da Bestarruza e ten como obxecto concienciar al público da importancia de respectar a actividade marisqueira. Esta é unha proposta dirixida a combater o chamado “furtivismo de bañador” aportando aos bañistas información referente a un feito que causa perdas ao sector.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica