Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Defende a Galega recolle o José Couso de Liberdade de Prensa

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Levan casi un ano con mobilizacións, a través dos “venres negros”, para denunciar a manipulación informativa e as dificultades para poder desenvolver o seu traballo con criterios profesionais nos medios públicos galegos. Sen resposta algunha desde entón por parte da dirección, os traballadores da Crtvg están dispostos a continuar a súa loita contra o “desmantelamento” dos devanditos medios. Onte, a súa acción, recibiu un importante apoio coa entrega do XV Premio José Couso de Liberdade de Prensa, galardón convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club den Prensa de Ferrol.

Os comunicadores Tati Moyano e Carlos Jiménez recibiron onte, en representación dos seus compañeiros, un premio que lembra ao cámara ferrolán asasinado en 2003 mentres cubría a guerra de Irak.

O programa comezou cunha recepción aos dous xornalistas no Concello de Ferrol, onde tiveron ocasión de asinar no libro de honra. A actividade trasladouse a continuación ata o Cantón de Molíns. Alí, ante a estatua “Ás Ceibes”, do escultor Manuel Patinha, a xornalista Sabela Direiro foi a encargada de ler o manifesto en nome da organización da convocatoria.

Nel apuntouse, entre outras cousas, á precariedade como o “maior dos males que ameaza o oficio”, un oficio que vive momentos moi delicados, tocado pola revolución do dixital e por unha crise que se traduciu en despedimentos, baixadas de salario e reaxustes nos cadros de persoal. “Naufragaron a ética, a neutralidade e a honestidade. O rigor e a calidade deixáronlle paso á procura incesante da primicia e do inmediato”, lamentaron.

A última parte do acto de entrega do premio tivo como escenario o teatro Jofre de Ferrol, presentado pola xornalista Patricia Hermida, e que concluíu co concerto do grupo Petit Swing.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos