Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Premio “Muíño do Vento” de textos de Contraportada xa ten finalistas

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A asociación cultural Muíño do Vento de Canido ten un dos concursos literarios máis singulares, o de textos de contraportada, un xénero que ilustra ao lector sobre o contido dun libro. O obxectivo do certame, ademais de promover a calidade dos textos que acompañan os libros nas contraportadas e lapelas, é dar a coñecer a literatura infantil e xuvenil galega entre os lectores novos. Na súa terceira edición o xurado do III Premio “Muíño do Vento” de Textos de Contraportada, formado por María José Ces Rioboo, Carmen Cuesta García, Ánxeles Pernas García e Antonio Yáñez Casal, que actúa en calidade de secretario, con voz e sen voto, acordou declarar como finalistas os textos das obras “Acariciando o ceo”, de Fernando M. Cimadevila; “Erik o construtor de soños”, de Kike Gómez e Dani Padrón, e “Pasen e miren”, de Dani Padrón e María Canosa, estes últimos editados polo ferrolán Pablo Zera no seu selo Bululú .

cerámica e libros
Haberá un único premio consistente na peza representativa do certame, obra da ceramista Susana González Amado. Muíño do Vento destinará a cantidade de mil euros (1.000 euros) á compra de exemplares da obra gañadora, que serán distribuídos entre centros educativos.  A entrega do premio terá lugar o día 2 de maio no transcurso dun acto músico-festivo no lugar do barrio onde estean presentes os maios participantes na festa dos Maios, no barrio de Canido.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620