Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Fotografías para deixar pegada dos “Oficios entre lusco e fusco”

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Entre lusco e fusco. Nesa transición entre a luz e a oscuridade é como se atopan moitos oficios tradicionais a piques de desaparecer pero que o fotógrafo Xosé Abad “rescata da desaparición da memoria” na exposición inaugurada onte na sede ferrolá de Afundación.
“Entre lusco e fusco” son imaxes e historias que, dalgún xeito, fan reflexionar sobre a desaparición de moitas destas profesión por diferentes motivos, como poden ser a ausencia de relevo xeneracional, os avances tecnolóxicos, o consumo desbocado ou a deslocalización da produción.
Profesións como a de fareiro, cesteiro, queixeiro, carpinteiro de ribeira, pastor, reloxeiro, tipógrafo ou zoqueiro, entre outros, protagonizan unha mostra no que o tratamento da luz cobra especial relevancia na busca dunha atmósfera que evoca a derradeira fase do camiño duns traballos aos que semellan quedar os días contados.

Traballo
Hai pouco máis dun ano, Abad considerou que era o momento de retratar o cambio social dalgunhas destas profesións, que nuns anos só permanecerán nos libros de historia, para o que iniciou un arduo e laborioso traballo primeiro, de documentación e contacto cos protagonistas para logo fotografialos nos seus respectivos contornos de traballo e entre os seus aparellos cotiás.
As fotografías acompáñanse dun texto que achega ao visitante á historia de cada un deles, historias como a do fareiro Eugenio Linares, cuxo posto de traballo probablemente non terá relevo ao ser substituída esta tarefa por un sinal de GPS centralizado en Madrid e por unha empresa de mantamento; ou a da cesteira María Patiño, que aos seus máis de 80 anos de idade segue aceptando traballos e ofrecendo as súas cestas nas feiras, sabedora de que as súas descendentes non continuarán co seu labor.
A exposición “Oficios entre lusco e fusco”, producida conxuntamente co Museo do Pobo Galego, leva itinerando por toda a comunidade galega desde 2016, o que reflicte a boa acollida que está a ter entre o público. En Ferrol poderá verse ata o vindeiro 28 de abril.
O autor, Xosé Abad, e a coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, inauguraron onte unha mostra que, entre outras cousas, convida á reflexión sobre a desaparición de moitas destas profesións pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo, ensinando como a calidade da produción, a experiencia como garantía, ou a consideración cara aos profesionais son valores que están en claro retrocesos, tal e como onte se puxo de manifesto.
Xosé Abad, nado en Figueres en 1956, iniciou a súa andaina profesional como fotoxornalista en diversos medios de comunicación na década dos 80. Posúe galardóns como o I Certame de Creación Fotográfica Luis Ksado ou o Premio Pardela de Comunicación.
Dirixiu varios documentais, tamén premiados. No seu estudo realiza traballos de fotografía industrial e publicitaria, moda ou retrato.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos