Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O peruano Jorge Benavides gaña o Premio Torrente Ballester

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O escritor peruano Jorge Eduardo Benavides gañou a vixésimo quinta edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester, outorgado pola Deputación da Coruña, coa obra “El enigma del convento”. Os membros do xurado, que deron onte a coñecer o fallo, subliñaron desta novela “a súa espléndida factura e o xeito que ten de recoller a vida antes da descolonización nas dúas beiras, a de Latinoamérica e a de España”, segundo palabras da comisaria do galardón, Mercedes Monmany. Ela tamén explicou que se trata dunha obra “moi ben escrita” que transcorre “nun momento decisivo e cun grande enigma por resolver”.
Ángel Basanta, portavoz do xurado, felicitou á Deputación da Coruña por manter este premio durante un cuarto de século e lembrou a importancia que o propio Torrente daba ó galardón. Con el compartiron traballo Amalia Iglesias, José Antonio Ponte Far, José María Pozuelo Yvancos, Charo Canal, Ernesto Pérez Zúñiga (gañador da edición de 2012) e Mercedes Monmany. Decidiron entre 593 obras presentadas, nunha edición que calificaron como “máis reñida, se cabe, que nunca”.

o autor
Jorge Benavides é un autor publicado en España a través de Alfagura, onde este mesmo ano editou “Un asunto sentimental” e “La paz de los vencidos”, co que gañou o Premio de Novela Corta Julio Ramón Ribeyro. O seu primeiro libro é “Cuentario e outros relatos”, publicado en 1989. Sitúase, na biografía da súa web, como un autor “pertencente á xeración de narradores de Perú de finais do século XX e principios do século XXI, cuxos contos se moven entre o realismo urbano (ambientados nos difíciles anos de finais dos 80 en Lima, época na que empezou a súa carreira literaria e marcou a súa obra) e incursións en asuntos fantásticos”. Recoñécese influído por Cortázar e polo Nobel peruano, Mario Vargas Llosa.
O Torrente Ballester, dotado con 25.000 euros de recompensa económica, foi gañado nos últimos anos por Ernesto Pérez Zúñiga, Esther Bendahan, José María Guelbenzu, Milagros Frías, Carlos González Reigosa, Xosé Manuel Pacho Blanco, José María Merino ou Andrés Barba. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica