Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Accésit para o colexio Manuel Masdías nos II Premios Medio Ambiente Aproema

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O traballo desenvolvido no colexio Manuel Masdías de Caranza a prol da protección do medio ambiente vén de recibir un recoñecemento. Trátase do accésit acadado na segunda edición dos Premios Aproema 2014 grazas ao seu proxecto “Código 3R”.
Posto en marcha hai dous cursos baixo a coordinación da profesora Laura Vázquez Moreira, o programa permitiu estender a todo tipo de materiais o traballo de clasificación do lixo que xa se viña realizando no centro. Así, ao papel sumouse a recollida e reutilización dos produtos orgánicos –cos que ademais o centro elabora o compost co que abona o seu horto escolar–, plástico, pilas, vidro ou aceite.
Ademais da clasificación, todos estes materiais foron reutilizados dunha forma útil na elaboración de diferentes manualidades e propostas. Así, envases de plástico grandes serviron para facer pás para empregar nos labores do horto e co aceite reciclado xabrón, entre outras cousas.
O proxecto botou a andar hai dous cursos da man dunha das convocatorias escolares que aglutina o Plan Proxecta da Xunta, en concreto o promovido desde Sogama e centrado precisamente na recollida selectiva do lixo e na súa reutilización.

colectores
A partir disto, dotouse de colectores a todas as aulas do centro, que tamén dispón noutros puntos das instalacións dos tradicionais contedores de cores.
Desde o propio colexio expresouse a satisfacción tralo recoñecemento acadado por un proxecto medioambiental que xa forma parte da rutina diaria dos alumnos e profesores.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica