Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Cofer reforza a súa aposta para divulgar a candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) recolleu definitivamente o testemuño para impulsar a candidatura de Ferrol como Patrimonio da Humanidade.
Así, todos os visitantes que o desexen teñen tempo aínda ata o próximo domingo 27 de achegarse á sede de Exponav, en Herrerías, para visitar a ampla mostra de paneis e maquetas que sobre a candidatura ferrolá á Unesco pode verse alí en horario de 10.30 a 14.30 horas.
Ademais, tamén poden asinar no libro que a tal efecto está alí e no que se suman apoios á candidatura ferrolá por parte de toda a xente que queira. Neste sentido, quen non visitase Exponav ou non o vaia facer ata o día 27, a campaña de recollida de sinaturas ampliouse á oficina de Turismo do Porto, aberta todas as fins de semana. Tamén alí hai información con folletos en galego, castelán e inglés sobre a exposición impulsada por Cofer.

presentación de libros
Desde a entidade empresarial anuncian que varios documentalistas especializados en patrimonio continúan a traballar na recompilación e inventario de cantos documentos están vencellados á candidatura ferrolá. Boa parte deste traballo fíxose coa implicación do “Centro Internacional de Estudios sobre Fortificación y Apoyo Logístico” (Ciefal). Tralo remate destas pescudas, Cofer pensa en entregarlle a documentación ao Concello de Ferrol para que valore e inicie, se o considera oportuno, o procedemento que leve á solicitude da inclusión do Ferrol da Ilustración na candidatura a Patrimonio da Humanidade.
Por outra banda, o próximo 5 de novembro, ás 20.00 horas, levarase a cabo na capela do Centro Cultural Torrente Ballester a presentación de varios libros que conforman a colección bibliográfica relacionada co patrimonio  ilustrado ferrolán e que se centran en elementos esenciais desta aposta cultural como son o porto natural, o Arsenal da Cabana, o castelo de San Felipe ou o Dique de Abrigo do Arsenal, entre outros. n

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara