Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Unha cadea humana percorreu a ponte das Pías para pedir futuro para o naval

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Máis de dúas mil persoas responderon onte, malia as pésimas condicións meteorolóxias, á convocatoria da CIG para formar unha cadea humana que uniu sen dificultades ambos extremos da ponte das Pías. O acto culminou coa botadura simbólica ao ar de dous barcos, o “diquesí” e o “vetonón”, amarrados con globos. A imaxe tivo como pano de fondo o estaleiro de Navantia Fene, no que se centrou boa parte do discurso da central sindical nacionalista para subliñar a falta de expectativas para estas instalacións cando faltan uns días para a caída definitiva do veto.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, sinalou que “estamos diante dunha factoría que simbolizou precisamente a puxanza desta comarca e que hoxe representa todo o contrario, a situación de desindustrialización e deterioro económico, social e laboral”. O líder do sindicato nacionalista considerou que a situación do naval ferrolán é un exemplo “das nefastas consecuencias que tiveron para o país as políticas que viñeron da Unión Europea e do Goberno español, así como do entreguismo da Xunta” e destacou que a central ten propostas tanto para este como para outros sectores como o marisqueiro, a construción ou o enerxético.
Desexou Seixo que a Xunta non adique á comarca de Ferrol o “absoluto desprezo” que amosou ante o debate no Parlamento Galego da Iniciativa Lexislativa Popular que impulsou a CIG con máis de 30.000 sinaturas. “O PP nin asistiu ao debate”, comentou en referencia a aquela proposta, que incluía máis de 100 medidas para saír da crise.

desertización
Xunto a Suso Seixo estaba onte Xavier Vence, o portavoz nacional do BNG, que subliñou a importancia de mobilizar á cidadanía en accións que reivindiquen a urxente reindustrialización da zona. “Non podemos permanecer impasibles ante a desertización industrial de Ferrol”, dixo. Nese sentido, indicou, o mellor é aproveitar as infraestruturas que ten a ría como son os estaleiros. Vence invitou a Mariano Rajoy e tamén a Núñez Feijóo a vir a Ferrol e explicar aquí “onde está o final da crise”.
Tanto o líder sindical como o representante da forza política reclamaron a construción do dique flotante e insistiron na necesidade de que se dote de persoal e medios ao estaleiro de Fene para que poida volver a competir no mercado da construción naval civil. O secretario comarcal da CIG, Manuel Grandal, lembrou que “xa o propio PP anda dicindo que non é viable o dique, contradicindo a Navantia, á SEPI e mesmo á propia Xunta” e reclamou medidas urxentes para que esta zona, onde a taxa de inactividade supera xa á de ocupación, “non morra de inanición”.
A partires das once e media, nunha mañá de choiva, vento e frío, centos de personas esperaban a cada banda da ponte das Pías para se despregar ao longo dos seus máis de dous quilómetros. Na barandilla da estrutura atáronse decenas de globos, os mesmos que despois suxeitaron os barcos de cartón no acto central e que, por falta de condicións, foron parar ao mar.
Entre os participantes na cadea humana estiveron a viceportavoz de AGE no Parlamento de Galicia, Yolanda Díaz, e tamén a eurodiputada da mesma formación, Lidia Senra.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara