Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Festival Atlántica traerá a Ferrol aos narradores Tâmara Bezerra e Boniface Ofogo

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina

Sete días, 25 artistas e 52 funcións. Estas son as cifras do Festival Altántica, unha iniciativa que nesta súa sexta edición incluirá de novo a Ferrol entre as sedes de celebración dunha iniciativa que reunirá a contadoras e contadores de historias tanto de Galicia como doutras partes dos mundo.
“Atlántica baséase nunha programación inzada de historias para todas as idades, pero tamén no debate, na reflexión e no diálogo sobre a creación literaria e a lectura”, sinalan desde a organización.

Brasil
No marco da proposta pasará o vindeiro mes de marzo pola cidade naval a brasileira Tâmara Bezerra e o camerunés Boniface Ofogo. Ámbolos dous ofrecerán unha doble sesión, na Biblioteca Municipal –18.00 horas e dirixida ao público infantil, de 3 a 8 anos– e no Centro Cultural Torrente Ballester –20.30 horas, para público adulto–. Todas terán entrada libre e gratuíta.
A actuación de Bezerra terá lugar o xoves 15 de marzo. A narradora oral, ten unha longa traxectoria nas narrativas literarias dentro e fóra do Brasil, baixo unha forte influencia da poética da tradición oral. Na sesión dirixida ao público infantil ofrecerá a súa proposta “Bichos brasileiros”, contos de tradición oral do seu país na que todas as historias envólvense dun marcado aspecto lúdico, “levando aos oíntes a coñecer interesantes animais da fauna brasileira nun paseo polas paisaxes narrativas daquela terra”.
Na cita co público adulto ofrecerá “Mulheres que ensaboam palabras”, contos recollidos á beira de ríos no deserto brasileiro.

Camerún
Ao día seguinte, o venres 16, será a quenda para o camerunés Boniface Ofogo, especialista en fábulas, lendas, mitos e tradicións da África negra.
Na sesión dirixida ao público infantil achegará ao público a historia do “Leon Kaandinga”, basado no libro do mesmo título que publicou na Editorial Kalandraka. O protagonista da obra forma parte da inesgotable tradición oral dos bantú, unha tribo que vive nas sabanas e selvas africana, desde o centro de Camerún ata Sudáfrica.
Pola tarde, no Torrente Ballester, ofrecerá “Contos eróticos africanos”, nos que non faltará o humor, a picardía e “un sentido moi avanzado da sexualidade”.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara