Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A biblioteca ortegana rende homenaxe a José Luis Sampedro

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

A biblioteca de Ortigueira celebra hoxe o Día Internacional do Libro cun programa que comeza ás cinco da tarde co sorteo de dous lotes de libros –un infantil e outro para adultos–, dentro da proposta “Sementando lecturas”, coa que se premia ós socios que fixeron uso do servizo de préstamo e devolución durante este mes.
Media hora despois Fátima Fernández encargarase de levar adiante unha sesión de contacontos dirixida ós rapaces. Titúlase “As dúbidas dos animais” e está incluída dentro do programa “Ler conta moito”, financiado polo Concello e a Xunta.
Outra proposta para celebrar dun xeito especial este día que conmemora a morte de Cervantes, Shakespeare e de Inca Garcilaso de la Vega é a apertura dunha exposición bibliográfica en lembranza de José Luis Sampedro, quen faleceu hai uns días. Este economista e escritor participou na inauguración da segunda Universidad Popular de Ortigueira.

concurso de marcapáxinas
Tamén a biblioteca ortegana organiza, xunto co colexio de Educación Infantil e Primaria José María Lage, un concurso infantil de marcapáxinas. Este ano a temática cínguese a Federico Maciñeira, persoa a quen, desde a asociación Ortigueira Literaria Dixital, se lle dedica todo 2013, con motivo do 70 aniversario da súa morte.
Os escolares da localidade poden participar nun concurso no que se premia ó gañador cun lote de libros, ademais dun agasallo especial. O mellor deseño será empregado como regalo –un marcapáxinas– ós usuarios da biblioteca. Tamén se outorgarán catro segundos premios (un por ciclo de ensino), consistentes en lotes de libros.
Para explicar ós nenos quen era Federico Maciñeira e, sobre todo, o seu traballo en arqueoloxía, na aula Cemit están asistindo a charlas didácticas coas que achegarse a este ortegán ilustre.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica