Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

“A poesía auténtica é o bastión contra o mal e a inxustiza destes tempos”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O profesor e poeta lucense Claudio Rodríguez Fer sumouse onte á nómina de creadores que durante estes días participaron en Ferrol na Semana de Poesía Salvaxe, feito que lle serviu para tirar un fato de reflexións e de referencias ferrolás que recollemos nesta entrevista. Por outra banda, o ciclo de recitais “salvaxes” despídese hoxe nunha sesión vermú no pub Cazadores con intervención de moitos dos participantes nestas xornadas.

Aínda que debute na Poesía Salvaxe, non é a primeira vez que participa en actividades semellantes en Ferrol, non si?
Pois si, porque xa no ano 2009 dera un ciclo de recitais-relatorios da miña propia poesía e da de outros poetas, como Manuel Antonio e José Ángel Valente, na Biblioteca  Central de Ferrol, organizados por Marcos Lorenzo, nos que Karlotti e Ferrández participaran activamente.

Que opinión ten dunha iniciativa como a Semana da Poesía Salvaxe, sobre todo na   liña de achegar os versos, oralmente, á xente por rúas e mercados?
Paréceme moi ben, porque a poesía está en todas partes, pero son  precisos os poetas para que a xente se decate. Ademais, a poesía anima e anticipa as utopías liberatorias que lograremos no futuro e recupera  a memoria histórica ocultada polo fascismo e os seus cómplices, por iso lembrei onte aos inmolados en Ferrol Amada García, Amador Rey e Daniel Niebla.

Cambia moito a poesía lida (máis íntima) ou recitada (máis para o público)?
Como no jazz, cada poema e cada situación precisan da súa propia  execución, porque, como escribín no poema “Jazz vital”, en realidade “ninguén volve tocar o mesmo jazz”. Cada experiencia poética é única e  irrepetible, igual que no amor, onde a liberdade é esencial: “A verdadeira fin da vida / non é só a beleza nin a verdade, / senón a liberdade / que vén de ti”.
Vivimos un momento óptimo para unha poesía máis social ou como din algúns nun mundo como este a beleza é a forma máis potente de protesta?
Dende o Romanticismo máis radical sabemos que o Ben, a Verdade e a  Beleza son o mesmo, así que a poesía que ten estes conceptos por  divisa é un auténtico bastión contra o mal, a falsidade e a fealdade da inxustiza e da opresión e máis nestes tempos de capitalismo  deshumanizado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620