Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O barrio do Alto celebrará as festas de San Xosé Obreiro durante catro días

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O barrio naronés do Alto do Castiñeiro celebrará as festas na honra de San Xosé Obreiro os días 27, 28 e 30 de abril e o primeiro de maio. A comisión de festas fórmana, como aconteceu en anos anteriores, Sergio López Neira e José Vicente López Bouzamaior, pai e fillo. Continúan traballando para recadar os máximos cartos posibles e así poder ampliar un programa de festas que está xa case completamente pechado.

O sábado 27 actuará a orquestra TVG na sesión vermú. Repetirá pola noite, nunha verbena na que tamén se contará co grupo Pasión.

O domingo 28 haberá misa ás doce do mediodía. A continuación, a música poñeraa de novo Pasión, cunha función que a comisión anuncia “amplia”. De noite non haberá actuación.

A programación festiva retomarase o martes 30 de abril, con verbena pola noite a cargo das coñecidas orquestras París de Noia e Xente Nova.

Xa o mércores 1 de maio, día festivo, volverá haber función relixiosa ás doce do mediodía, con procesión incluída. Xente Nova será tamén a orquestra escollida para amenizar a sesión vermú, que ademais anúnciase longa. Ademais, e sempre que o presuposto alcance para este gasto “extra”, de noite poderíase voler contar con esta formación, nunha verbena que se desenvolvería entre as nove e a medianoite. Por iso, segundo indica a comisión, “seguiremos dándoo todo ata o último momento”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica