Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Narón volverá ter ópera, teatro galego e nacional e música durante o 2013

A programación do Padroado de Cultura de Narón para o Pazo segue mantén os sinais de identidade que fixeron desta localidade unha referencia en toda Galicia. Hai teatro galego (con compañías como Teatro do Noroeste, Bucanero, Sarabela, Teatro do Morcego ou o dúo formado por Iolanda Muíños e Camila Bossa), música propia (Berrogüetto chegará en xaneiro coa súa primeira xira acústica) e tamén unha cinta audiovisual con tanta personalidade como “O apóstolo”, que será a que inaugure o ano, con dous pases (ás cinco e ás oito da tarde) o día 7. Continúa o Festival de Narración Oral “Conta con Narón”, que vai xa pola súa cuarta edición, e segue tamén a froitífera relación coa produtora local The Young Comedy, que traerá ós monologuistas Dani Rovira, Pedro Llamas e Oswaldo Digón e a unha banda de tributo a Queen.

Xaneiro comeza con “O apóstolo”, Miki Nadal, Berrogüetto e o encontro de narradores

Da escena nacional destaca un monólogo do cómico Miki Nadal; o espectáculo “Una noche con Gabino diez años después”, protagonizado por Gabino Diego; e “El tipo de la tumba de al lado”, con Maribel Verdú e Antonio Molero.

No primeiro trimestre pasarán polo Pazo Gabino Diego e Maribel Verdú

Marzo rematará con ópera, un xénero que goza de gran resposta popular en Ferrolterra e que consegue, unha e outra vez, encher as 900 localidades coas que conta o Pazo da Cultura. O día 23 representarase “El barbero de Sevilla”, de Rossini. Será unha función de case dúas horas e media que poñerá en escena Concerlírica, en quen xa se confiara noutras ocasións.