Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Cedeira celebra o sábado a XXIV edición do Samaín máis senlleiro

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Cedeira comezou hai case un cuarto de século a darlle pulo a unha tradición que se estaba a perder en torno ós defuntos. Os máis vellos lembraban como se colocaban as cabazas nas corredoiras para asustar á xente e ós que tiñan menos idade aínda viviron o seu tallado, como parte dos xogos infantís. Antes de que esta tradición desaparecese de todo decidiron convertela nunha festa, tomaron o nome do Samaín da tradición celta e principiaron un novo ritual que en poucos anos tivo un éxito asombroso e que agora se festexa en colexios e municipios de toda Galicia.
“O éxito foi incrible. En dous ou tres anos tiñamos aquí televisión, xornais, saiamos a nivel nacional...”, comenta Carlos Labraña, da asociación Amigos do Samaín. “Había aínda moitos pais e avós que o fixeran, que non o vían como algo alleo. Non eramos nós sós, tamén noutras zonas de Galicia, e por iso reviviu”, explica. “Iso foi o primeiro, co do Halloween xa ten un cariz de tomar partida polo noso, aínda que é o mesmo pero vén de rebote dos Estados Unidos pero  moito máis comercial. Agora conviven as dúas celebracións, o Samaín como algo máis para os nenos e o outro para os rapaces maiores”, apunta Labraña. De feito, el entende que o Halloween toma elementos de diferentes festas e establece certa similitude entre o de ir polas portas pedir doces co que se facía en Galicia, pero no Entroido, coa xente disfrazada e pedindo filloas.

o programa
A festa do Samaín en Cedeira comeza o venres 1, día de Todolos Santos, con varios obradoiros que servirán como preparativo para o sábado. Serán no Paseo da Mariña. Ás cinco da tarde haberá un taller de zonchos (castañas cocidas con fiúncho coas que se fan colares) e media hora despois comezará un de globoflexia. Xa ás seis o grupo A Xanela do Maxín representará o espectáculo de títeres “Chincha rabincha”.
O sábado 2, día de Defuntos, será o Samaín. Desde primeira hora da tarde (ás 16.30 horas) celebrarase un obradoiro de cabazas. Tamén se poden levar preparadas da casa para inscribirse no concurso-exposición no que haberá premios moi doces. Tamén o obradoiro de maquillaxe axudará a estar listo para o grande acontecemento do día, o pa-sarrúas que se fai pola noite pola vila vella, co alumeado apagado e o único resplandor das candeas. Esta comitiva remata coa queima dunha gran cabaza de papel no mar, xa cando o pa-sarrúas está de volta.
Pero antes, durante a tarde, aínda se poderá participar na ginkana infantil (que empeza ás cinco da tarde). É preciso anotarse para poder acceder á Casa do Terror. Non faltará a merenda, con bola de azucre e requeixo con mel.
As actividades continúan o domingo, a partir das sete da tarde no auditorio de Cedeira, co contacontos para adultos “Phantasmas familiares”, a cargo de Quico Cadaval, un dos grandes actores da escena galega. Tamén se proxectará, en primicia, o videoclip “Unha festa con castañas”, feito por xente da vila e pola asociación Buxainas.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica