Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Concello de Narón participa no salón Equiocio nos ámbitos deportivo e turístico

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Narón estará presente nas actividades que o XVIII Salón do Cabalo Equiocio celebra a partir do xoves no recinto feiral de Punta Arnela. Así, haberá un circuíto de educación vial con catro monitores (en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 23.00) para que os pequenos coñezan as normas de educación viaria. No eido deportivo está prevista a celebración do trofeo “Cidade de Narón”. Así, na tarde do xoves día 2 nomearase Amazona de Honra do Concello de Narón á atleta Claudia Rojo, elexida mellor deportista do municipio o pasado ano. Do mesmo modo, haberá unha exhibición de bailes de salón a cargo do Club Deportivo Narón.
En canto ao turísmo, o Concello de Narón promocionará a romaría da O, nun posto institucional á entrada do pavillón principal. Nel poderase ver unha colección de fotografías antigas, ao longo dos século XIX e XX, do desenvolvemento histórico da citada romaría. Ademais, estará exposto o estandarte dos roscos de pan e os visitantes poderán gozar da presenza do burro Anselmo, que é o encargado de tirar do carro que leva os roscos na romaría.  
Finalmente, dentro da colaboración do Concello de Narón con Equiocio tamén se inclúe o reparto de 5.000 entradas nos colexios públicos e concertados ata 4º da ESO. Son dúas por estudante, que poden ser utilizadas polas súas familias, xa que os menores de 16 anos non pagan.

visitas ao mosteiro do couto
Desde onte e ata o próximo domingo a concellería de Turismo organiza visitas guiadas ao mosteiro de San Martiño do Couto. A iniciativa comezou o pasado ano con máis de 1.500 persoas de diferentes puntos da xeografía nacional e internacional que coñeceron da man de dous guías o interior do cenobio. Neste segundo ano os horarios diarios son de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620