Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Entroido deu calor ás rúas da cidade

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O gran desfile de Entroido de Ferrol respondeu ás expectativas creadas durante a semana, cunha cabalgata formada por comparsas, actores, carrozas e figuras xigantes que partiu da praza de España e chegou a Amboage despois de case dúas horas de percorrido pola rúa Real. A coordinación do Concello coa plataforma Vive Ferrol (composta por distintas asociacións de empresarios, hostaleiros e comerciantes) e coas agrupacións que habitualmente participan na festa deu como resultado unha marcha alegre, chea de música e baile e na que se percibía o esforzo por pasalo ben e por facer gozar ós espectadores. Entre o público, eran os nenos os que estaban disfrazados, mentres que nas rúas aledañas á Real desenvolvíase unha particular batalla de ovos e fariña entre os que xa entran na pubertade, sen faltar o buzo como uniforme.

Axentes da Policía Local e de Protección Civil colaboraron na boa marcha da cabalgata

O desfile saiu ás cinco e vinte da praza de España, enfilando pola rúa Real abaixo. Abrindo a marcha, batucada e capoeira con alumnos da escola Luanda. Seguíanos os membros da comparsa Os Piratas da Penencia, que facían honra ó seu nome vestidos de corsarios e cun enorme barco equipado cun potente equipo de son. A charanga Air Galisia continuaba coa música e daba paso a unha carroza con Peter Pan e Campaíña.

As fadas e elfos da comparsa Río Belelle e Os Bolechas dos Parrandolos camiñaban a continuación, seguidos polos personaxes de contos infantís da Canteira. Os tres porquiños, Alí Babá e os corenta ladróns, Brancaneves e algúns ratiños daban pé para falar de políticos, banqueiros, desafiuzamentos e todo tipo de problemas que aqueixan ós cidadáns e que os membros desta comparsa levaban pegados ás costas.

Unha carroza de Pinocho, desde a que un canón lanzaba confeti prolongaba o tema infantil, ó que seguían Os Trastos, vestidos de Alicia, a raíña de corazóns e ducias de coellos.

Un león xigante, precedido por zancudos e malabaristas, e domado a duras penas, fixo tremer a máis dun neno cando, nos cruces, tiña espazo para virar e para turrar contra os espectadores. Era a primeira figura inchable, que precedía á comparsa Os Colludos (da Asociación Sociocultural de Minusválidos), vestidos con chuvasqueiro e paraugas para protexerse “da que está caendo”, e ós Nenos de Lola, transformados en escoceses e con banda de gaitas incluída.

A limusina do rapeiro Psy chegou rodeada de bailarinas e de fotógrafos, e de cando en vez deleitaban ó público co famoso baile do “Gangnam Style”.

Seguíanos os espantallos dos Argalleiros, que apuraban para escapar da segadora que pechaba a marcha e os apalpadores e vellos castañeiros da Escola Mario Escudero, que corrían aínda máis para fuxir dunha serpe xigante (tamén inchable) que viña acompañada por un lanzachamas e por bailarinas orientais, alumnas de Rosa Fernández Salanova.

A continuación desfilaban A Revolta de Trasancos e Tróupele Tróupele. Os primeiros ían vestidos de vivendas, aludindo ós desafiuzamentos, e levaban con eles a ameaza dunha grúa disposta a demolelos. Os segundos vestían de mosqueteiros, e acompañábanos xinetes do clube hípico Los Gavilanes (cun cabalo e varios ponis). Tamén tiñan unha boa carga de crítica social, pois levaban con eles unha guillotina presta a deixar sen cabeza ós gobernantes españois e europeos.

Como remate do desfile marchaban tres novas figuras xigantes aportadas pola empresa Brotóns Cabalgatas, chegada desde Xerez e con grande experiencia neste tipo de propostas. Un híbrido de besta con tres cabezas de guerreiros e serios problemas de flatulencias e dous saurios con grandes mandíbulas, acompañados de efectos de son e luces láser, retaban ó público e tamén ós guerreiros fantásticos que tentaban poñerlles freo.

A comitiva rematou o desfile na praza de Amboage, onde se desenvolveu o concurso de comparsas, amenizado por Cristian de Samil e pola orquestra Nueva Generación, que cedeu o seu escenario. A pesar dos problemas eléctricos (foise a luz ós cinco minutos de comezar o festival para volver pouco despois), os cantantes puideron lanzar os seus dardos contra os políticos estatais e locais, facendo un cumprido repaso da actualidade máis negra dos últimos meses.

O barrio de Ultramar acollerá o enterro da sardiña este venres, con desfile e queima

As celebracións do Entroido en Ferrol rematarán no barrio de Ultramar, co enterro da sardiña. Será este venres, cun programa que comezará ás cinco da tarde na praza, co baile infantil. Se chove, trasladarse ó local da asociación veciñal, no número 20 da rúa Sartaña. O desfile de comparsas, coa gran sardiña disposta para ser pasto do lume, comezará ás 20.15 horas na rúa Sánchez Calviño, para despois pasar por Paraguay, Nova de Caranza, República Arxentina e Venezuela, antes de chegar á praza de Ultramar, onde se procederá á incineración. A comitiva formarana as comparsas As Carapuchiñas, Os Trastos, Os Xunquiños, Os Parrandolos, Os Argalleiros, Canteira, A Revolta, Tróupele Tróupele, Os Nenos de Lola, O Aturuxo, Xente de Aquí e de Acolá, Río Belelle e Os Piratas de Penencia.

Tamén o venres, na AVV da Cabana, haberá un festival infantil ás 17.30 horas. Ó día seguinte, a partir das 22.30 horas, será o baile para adultos.

premios

En cuanto a los premios, el del mejor disfraz individual fue para “El cocherito Leré”, de Esteban Pereira Souto, y el segundo, en la misma categoría, para el niño Aimar Daza Flores, que iba vestivo de cowboy. En grupos, el primer puesto fue para “Viva la alegría” y el segundo, para “Marionetas”. Las comparsas, por su parte, recibieron menciones y no premios en metálico a mayores de su compensación por participar. La de “Os Colludos” recibió la distinción a la mejor canción, la de “Os argalleiros” obtuvo el reconocimiento del jurado por su disfraz y “Os piratas de Penencia” recogieron la mensión a los más simpáticos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica