Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

San Sadurniño enriquece o pasado na VI Xornada de Cultura Popular

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

Excelente acollida volveu ter onte a VI Xornada de Cultura Popular que organiza a asociación Berros do Castro na Casa da Cultura de San Sadurniño coa colaboración municipal. Unha xornada que comezou cun obradoiro de trompa galega, ou birimbau, e rematou con actuacións musicais e didácticas.
Pola mañá a actividade principiou cun taller impartido polos especialistas “Che” Vázquez e Francis Olivier sobre o birimbau ou, como é coñecido na zona de Fonsagrada, trompa. Un total de 18 alumnos, non había máis prazas, asistiron a esta actividade pola mañá e parte do serán na que se levou a cabo unha introdución ao instrumento de orixe oriental na que se explicou como se toca, e tamén de que xeito a trompa se integrou nos ritmos tradicionais galegos.  Trala teoría a práctica e a última hora da tarde comezaron os concertos na Casa da Cultura, xa con entrada libre, precisamente cunha demostración de birimbau a cargo de Vázquez e Francis Olivier.
Tralo concerto de trompa galega actuou o cuarteto Xente Nova, formado por Pablo Argüeso, Alberto Falcón, Jorge García e Adrián García, saídos da banda Agarimo de Catabois e alumnos do desaparecido Manuel García Lolete e do seu fillo Marcos. Finalmente, Alberto Jambrina e Pablo Madrid, dous prestixiosos folcloristas zamoranos, falaron das influencias transfronteirizas Galicia-Castela dentro da música popular. Xunto coa conferencia estes dous intérpretes tamén tocon algunhas pezas incluídas no seu último CD “Arbolito florido”.

exposición de natureza
Dentro da programación da Xornada de cultura popular galega, Berros do Castro incluíu –como vén sendo habitual– un módulo expositivo protagonizado nesta edición polo profesor e ilustrador Carlos Silvar.
A exposición recolle unha vintena de cadros sobre natureza nos que se combina a arte e o rigor científico. Son pinceladas sobre a biodiversidade de Galicia que reflicten aves, mamíferos, anfibios, cogomelos, plantas e árbores que apereceron en libros e guías.
A mostra pode visitarse ata o 6 de outubro en horario de mañá na Casa da Cultura e está composta por unha escolma de ilustracións realizadas para guías da natureza e outras publicacións por este artista gráfico.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina