Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Artxove, dúas décadas potenciando a creatividade plástica das novas xeracións desde Pontedeume

0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina

Visibilizar o traballo artístico dos novos creadores plásticos galegos, entre os 18 e os 35 anos, eis a cerna do labor da mostra Art-xove, unha aposta do Concello de Pontedeume que para o próximo ano chega á súa vixésima edición convertida nun referente en toda Galicia.
A iniciativa naceu case de xeito casual ata converterse nunha das citas destacadas da nova arte galega nos eidos da pintura, escultura e fotografía que cada mes de abril se expoñen na Casa da Cultura de Pontedeume ou, o que é o mesmo, no antigo convento de Santo Agostiño en pleno centro da vila. Entre 50 e 100 artistas que cada ano veñen de toda Galicia a Pontedeume con unha ou dúas obras na percura dunha oportunidade para amosar o seu traballo, un evento que é visto anualmente por máis de medio milleiro de espectadores como mínimo, o que fai que desde a súa cuarta edición se contabilicen cerca de 9.000 persoas.
Un dos seus responsables, o bibliotecario de Pontedeume Alexandre Caínzos, lembra as orixes do proxecto: “A comezos dos anos 90 funcionaba no Ateneo Ferrolán unha mostra de novos artistas. A idea era moi interesante pero cando cesou esta exposición pensamos que sería bo retomala en Pontedeume. Varios departamentos municipais, como Normalización Lingüística cando estaba Esther Leira, e outros, unímonos nas primeiras edicións. O obxectivo era crear unha exposición para a xente nova que saíse fóra do ámbito local. Recordo que na primeira edición aínda se lle pedirá ao Ateneo o listado de artistas que participaban na súa mostra para convidalos á nosa, porque todo estaba por facer”.
Unhas primeiras exposicións que variaron notablemente a partir da cuarta edición: “Aí houbo trocos que impulsaron a visibilidade e demanda de expor en Artxove. Entre eles que comezou a facerse un catálogo que chega ata hoxe. Ademais, empezamos a enviar información ao que eran os centros de Artes e Oficios de Galicia e á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que estaba empezando a funcionar naquela altura”.

sen filtros
Caínzos explica o xeito de traballar do certame en función das características expositivas do mesmo: “Optamos por amosar formatos clásicos: pintura, escultura e fotografía, aínda que hai uns anos tamén chegaron exemplos de xoiería, sobre todo desde a Escola Atlántico, de Vigo, algo que agora está remitindo. Son formatos clásicos pero non porque nos guste máis que outros máis contemporáneos como instalacións ou videocreacións. É un problema de espazo e de organizar as exposicións, que se nos vai das mans e que inclúe entre 80 e 100 obxectos de media, algo que nos leva ás veces máis dunha semana de traballo, así que por iso optamos por mostras máis tradicionais”. En canto ao proceso de selección, Caínzos fala da súa inexistencia: “En realidade os propios artistas son os encargados de medirse cos outros e de facer unha selección da súa obras ou obras, as que máis lles interesa que se vexan. Nós non temos filtros”. Uns creadores que, como salienta o bibliotecario, veñen de toda Galicia “ou ben están a vivir aquí, xa que teñen pasado artistas do País Vasco, Asturias ou Andalucía”.

creando estilo
Varios son os creadores que desfilaron unha ou varias veces por Artxove que xa teñen un nome no mundo da arte, xa que o escaparate ao manterse no tempo vai ofrecendo unha mostra da evolución destes novos artistas galegos. “O curioso é que entre os pintores, escultores e fotógrafos que repiten, houbo xente que o fixo varias veces, ao final xa te vas dando conta do seu estilo, vaise facendo recoñecible a súa evolución en tan só tres ou catro anos. Algúns con 25 xa teñen un estilo claro”, destaca Caínzos.
En canto ao público, a cita artística vai deixando a súa pegada. Dos máis de 500 visitantes que pasan pola mostra nas dúas semanas que está aberta (coincidindo coa Semana Santa), a maioría son locais, o que fala da implicación da comarca eumesa e ferrolá con este escaparate da arte nova.
A estas alturas, como cada ano, desde Pontedeume xa comezaron a traballar no catálogo, cartel, case sempre dun artista local, e o presentador do acto de inauguración, alguén relacionado co mundo da arte. A pesar da relevancia numérica da edición de 2015, desde Artxove salientan que “será unha edición especial pero, en canto a organización, unha máis porque en tema de presuposto para cultura nestes tempos non se pode xogar e hai que traballar co que hai”.

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara