Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Marián Rey e Abigail Montiel estrean en Narón “O sexo que sucede”

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

As actrices Marián Rey e Abigail Montiel, formadas as dúas na escola teatral de Narón, emprenden este xoves unha nova aventura xuntas, a compañía Galerna Crúa. Será ás 20.30 horas, no café-teatro do Pazo da Cultura, un espazo máis reducido que o principal, dedicado a espectáculos de pequeno formato e cun aforo máximo dun cento de persoas. Fano coa dirección de Bucanero Teatro, que se estrean tamén así nestes labores, e cunha proposta adaptada para auditorios pero tamén para locais de ocio.
“O sexo que sucede” é un texto do dramaturgo Fernando J. López que Marián e Abigail atoparon axeitado para o que buscaban, unha obra “que fose feminina e coa que nos sentísemos identificadas”, comentan. Elas levan anos participando en proxectos como Teterella Teatro (con Carmen Blanco e Mateo González) ou colaborando con Teatro do Morcego e quixeron dar un paso máis na busca de mellorar como actrices. “Esta obra para nós é un reto”, comenta Marián Rey, “porque somos nolas dúas pero facermos varios personaxes cada unha”.
“O sexo que sucede” afonda na vida íntima das mulleres, nas súas experiencias, anceios e de-sencantos. “Dúas voces dispostas a xogar connosco e travestirse nas siluetas dos que encheron –con ou sen éxito– o oco entre as súas sabas”, explícase no resumo da obra. Pero, malia tratar temas moi duros, tamén hai comedia. “Ten un punto cómico e por iso crimos que Bucanero podían sacarlle moito partido, danlle algo que o texto orixinal non tiña”.
“Esta é unha homenaxe que fai Bucanero á muller, á súa vida. Pero tamén é unha homenaxe á ópera”, explica Xosé Bonome, membro, con Pedro Picos, da compañía Bucanero, encargada neste caso da dirección. “O autor basea as cousas que suceden dentro do espectáculo en ‘Madame Butterfly’, e nós aproveitamos para facer este tributo”.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara