O Padroado de Cultura de Narón anuncia que, por causas alleas á súa programación, suspéndese a representación de “A viaxe a ningunha parte” que a compañía Sarabela Teatro ía representar o próximo 9 de marzo no Pazo da Cultura. A obra trasládase finalmente ao día 11de maio.
“A viaxe a ningunha parte” é un texto de Fernando Fernán Gómez, dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda, que conta a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza co obxectivo de levar un sorriso ás penurias dunha poboación marcada pola miseria.




















