Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O percebe de Meirás volve ser protagonista no Porto

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O campo da festa do Porto, en Meirás, ateigouse onte de xente que acudiu a Valdoviño a degustar o excelente percebe da zona. Fíxoo porque a confraría de percebeiros organizou, por quinto ano, unha degustación na que se prepararon 700 quilos de crustáceo e, para completar o menú, 1.000 quilos de churrasco. Son cifras que abranguen toda a fin de semana xa que, aínda que a do sábado soe ser a xornada con maior afluencia de público, tamén hoxe, a partir das doce de mediodía, serviranse racións, ó prezo de seis euros.
A celebración vai máis aló do apartado culinario, xa que hai unha área de xogo para os nenos e tamén se conta coa actuación dun dúo musical, Calima, encargado de poñer a música ata a noite.
A Festa do Percebe de Meirás reúne cada ano a milleiros de persoas nesta parroquia. De feito, a organización prepara racións para atender as demandas de entre 3.500 e 4.000 persoas. Ademais, teñen a particularidade de ofrecer botellas de viño, para acompañar o xantar, de bodegas de prestixio recoñecido (como Dinastía Vivanco ou Granbazán), a prezos populares. Son marcas que se atoparían en restaurantes a un custe moi superior.
Esta festa é a continuación dunha exaltación gastronómica que xa se celebraba na zona nos anos 70, aínda que neste caso o produto elixido era a sardiña. Desde que se recuperou decidiuse darlle prioridade ó percebe de Meirás, menos coñecido que o de outros lugares.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica