Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Arredor de 1.500 rapaces participan no ciclo “En Galego, de película”

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

Uns 1.500 rapaces da cidade terán un ano máis a oportunidade  de achegarse ao cine en galego. O ciclo promovido pola área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Ferrolterra baixo o título “En galego, de película” abriu onte o telón no teatro Jofre.
Alí proxectouse, en dúas funcións diferentes, a película “A casa da luz”, unha peza protagonizada por un grupo de nenos que pasan as súas vacacións en Eiravella, unha pequena vila a medio camiño do rural e o urbano, entre a construción dunha cabana e os xogos propiciados por Duarte, exprofesor de debuxo e pintor. A sesión estivo dirixida a escolares de 3º ciclo de Primaria e 1º ciclo de ESO.
A actividade trasladarase hoxe e mañá ás salas Dúplex, onde os participantes poderán ver “Os mortos van a présa” –á que asistirán alumnos de segundo ciclo da ESO, Bacharelato e ciclos formativos–, e “A tropa de trapo na selva do arco da vella” –para rapaces de Infantil e Primaria–. En todos estes anos, a actividade obtivo o pleno respaldo dos centros educativos. Así se desprende da grande demanda que hai ano tras ano. Na actual edición, o número de solicitudes duplicou ás 1.500 dispoñibles.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina