
Con periodicidade irregular a AVV “Valle de Esmelle” pon en marcha unha ruta cabalar para dar a coñecer as potencialidades turísticas e paisaxísticas desta parroquia ferrolá. Éste ano así será novamente, trala edición de 2011, e a organización agarda igualar ou incluso superar os 70 exemplares e xinetes que participaron na última celebración desta xornada.
A cita organízase o próximo 27 de xullo e o programa comeza ás 10.00 horas cunha concentración no local social da AVV de Esmelle. Ás 10.30 horas lévase a cabo a saída da ruta a cabalo, ás 12.00 horas haberá un pincho no muíño do Ferreiro e ás 14.00 horas un xantar no local social da entidade veciñal a base de churrasco con cachelos e criollos, bebida e postres. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, levaranse a cabo as competicións nas categorías marcha chapeada, marcha serrada, trote trotóns e trote cruzados, para nenos de ata 15 anos. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías.
O prezo da inscrición, que inclúe todo, é de 15 euros. As persoas interesadas en apuntarse poden facelo no correo electrónico avv@valledeesmelle.com ou nos teléfonos 690 613 017 e 981 365 390.









