Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Da comezo a terceira edición do Festival Jazz de Ría co obxectivo de se consolidar

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O pianista Manuel Gutiérrez, o batería Iago Fernández e o contrabaixista Tom Warburton abriron onte no Cantón de Cora de Mugardos a terceira edición do Festival Jazz de Ría, unha iniciativa que busca consolidarse no programa lúdico da comarca cunha proposta orixinal que conecta as dúas beiras da ría.

O concerto de Manuel Gutiérrez Trío decorreu segundo o previsto, malia que a organización tiña xa preparado un escenario alternativo no caso de chuvia.

Polo de agora mantense a localización para a segunda actuación do festival, o Campo do Río do Seixo, tamén en Mugardos, onde está previsto, a partir das 13.30 horas, o concerto de David Regueiro Trío, referente no swing e jazz “manouche”, que fará vibrar as e os asistentes.

David Regueiro, con máis dunha ducia de discos e centos de actuacións en diferentes países, é recoñecido como un dos guitarristas de Gypsy Jazz máis valorados da península.

Nesta ocasión, informa a organización do festival, presenta un trío cun repertorio integrado por temas clásicos deste estilo pero tamén doutras das súas influencias, como o swing americano e o be-bop.

Hoxe, Carlos Sarduy

Si hai mudanzas sobre a organización prevista no caso do concerto da noite, pensado inicialmente para a Praza Vella de Ferrol. As previsións meteorolóxicas para a hora fixada –as 22.00 horas– non son boas e, por iso, os promotores do festival decidiron onte non asumir riscos e trasladar o concerto para o Teatro Jofre.

Será alí onde actúe Carlos Sarduy Afrocuban Jazz Quartet, un dos grandes reclamos do evento. O cubano, que acode a Ferrol acompañado doutros tres músicos, é un dos trompetistas de jazz latino con maior proxección internacional. Ten gravado máis de medio cento de discos, varios deles para selos discográficos como Warner e Universal, e colaborado con artistas da talla de Chucho e Bebo Valdés, Steve Coleman, Buika, Ainhoa Arteta ou Ojos de Brujo. É gañador, ademais, de tres Grammys, mercé a esas colaboracións.

Mañá, na Praza Vella

Os concertos que pechan o festival o domingo, os de Xacobe Martínez Antelo Trío ás 13.30 horas, e o de Marcos Teira Quinteto NÓs, ás dez da noite, mantéñense na Praza Vella, aínda que no caso de que chova trasladaranse tamén ao Jofre. Os dous conxuntos son referentes do jazz galego, como proban os recoñecementos acadados nos Premios Martín Códax deste ano:  Xacobe Martínez Trío na categoría de Mellor proxecto de jazz; e Marcos Teira Quinteto NÓs, na de Mellor proxecto de músicas do mundo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica