Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O Concello manterá os postos de traballo cando recupere a xestión do lixo

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O primeiro servizo que o Concello de Ferrol recuperará para a xestión pública podería ser o do lixo. A recollida dos residuos sólidos urbanos e de limpeza viaria por parte de Urbaser xa venceu, e a empresa segue a facerse cargo dela cunha prórroga. Aínda que se publicou o concurso no Boletín Oficial do Estado o pasado febreiro, para outorgar a concesión por dez anos e cun valor estimado de 87 millóns de euros, este trámite non está tan avanzado coma o do alumeado público, polo que “todo apunta a que sería viable” a súa remunicipalización. Así o asegurou onte o alcalde, Jorge Suárez, de Ferrol en Común, organización que xa no seu programa electoral defendía a xestión pública dos servizos, unha intención que comparte cos socialistas, cos que goberna. 
Coa chegada á Alcaldía pedíronse informes xurídicos e económicos para ver se era posible paralizar e reverter eses contratos, en proceso de adxudicación. Cara a finais de ano espérase ter o resultado destes estudos, que avalen, se é o caso, que a xestión exclusivamente municipal sería “viable economicamente”. “Polos primeiros avances que temos cremos que temos altas posibilidades de remunicipalizar o servizo de recollida de lixo”. Agardan desde o goberno local que isto repercuta no abaratamento da factura que se cobra ós veciños.
A xestión faríase a través dunha empresa municipal de servizos e coa subrogación dos traballadores que xa agora prestan este servizo a través de Urbaser. A adquisición de material como os camións podería facerse a través de sistemas de “leasing”, en vez da compra directa, unha vía que está tamén avalada polos técnicos municipais.
Respecto do contrato da luz, publicouse no BOE en decembro (para un prazo de quince anos e un valor estimado de 37 millóns e medio de euros) e xa se abriron as ofertas, polo que os informes xurídicos terán que ter en conta tamén posibles reclamacións das empresas que participan no concurso. “Non imos cometer ningunha ilegalidade nin causar ningún quebranto ás arcas públicas”, advertiu Jorge Suárez.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620