Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Comarcas

“Obertura Festiva”, de Simón García, nominada aos Hollywood Music in Media Awards

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A peza para orquestra “Obertura Festiva”, do compositor e contrabaixista mugardés Simón García, é unha das creacións nominadas para os prestixosos premios Hollywood Music in Media Awards na categoría de “clásico” que se entregan en Los Ángeles o próximo 20 de novembro. Trátase dun certame equiparable aos Oscar da música onde se premia o traballo de creadores de todo o mundo no eido da composición e gravación de películas, televisión, xogos de vídeo e todo tipo de soportes de difusión musical.
Segundo conta o compositor mugardés, actualmente contrabaixista da Banda Municipal da Coruña, “a peza naceu dun encargo para orquestra e cuarteto de contrabaixos. Tiña unha introdución que foi medrando porque me gustaba o seu resultado, con influencias clásicas norteamericanas, ata que vin que podía acabar convertida nunha obra independente que chega aos oito minutos”.
A conclusión de “Obertura Festiva” coincidiu para Simón coa posibilidade de enviar a peza ao certame norteamericano. Sobre o mesmo asegura o mugardés que “xa o feito de estar nominado é un éxito, gañalo é algo impensable pola repercusión. De todos modos gustaríame ir a Los Ángeles, aínda que non sei se será posible polo calendario de traballo. Desde logo aproveitaría a oportunidade para coñecer máis sobre o certame”.
A peza, para gran orquestra sinfónica, estrenarase na Coruña durante a próxima temporada 2014-15 da Orquestra Gaos. n

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620