Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A Área de Cultura do campus de Ferrol oferta sete obradoiros neste segundo cuadrimestre

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

A Área de Cultura do campus de Ferrol pechará este venres día 15 o prazo de matrícula nos obradoiros que se ofertan para este segundo cuadrimestre. Todos eles desenvolveranse no novo Centro Cultural Universitario, situado entre as facultades de Humanidades e a Politécnica Superior de Esteiro.

Alí ten a súa sede o devandito departamento, no que se ofrece información detallada sobre as propostas a realizar. Tamén se pode acceder á oferta a través da web da Universidade da Coruña, no apartado de Cultura.

Para esta segunda parte do curso académico, a oficina ferrolá programou un total de sete obradoiros, entre os que de novo figuran os tan demandados de Fotografía. Como é habitual haberá tres niveis, o de Iniciación (a desenvolver os martes entre as 18.30 e as 20.30 horas), o de Introdución (tamén os martes de 16.30 a 18.30 horas) e o Avanzado (mércores de 16.30 a 18.30 horas).

A filóloga, fotógrafa e coordinadora da Aula de Fotografía do campus, Rocío Brage, asume a dirección destes cursos desde a súa implantación hai xa uns anos no campus local.

Entre as novidades da convocatoria, figuran dous obradoiros relacionados co cine e outro coa música como eixo central.

Así, baixo o título “As vangardas artísticas no cinema: Expresionismo” desenvolverase un curso que fará un percorrido pola historia e a análise das vangardas artísticas no cinema, principalmente, o surrealismo francés, o expresionismo alemán e a vangarda soviétiva, a través do visionado e análise dos principais filmes, estudando tamén a relación do cinema coas demais artes, en especial coa pintura e a literatura. O coordinador da Aula de Cinema David Castro –Posgrao en Estudos Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña– será o encargado de impartir a actividade que terá lugar os xoves de cinco a oito da tarde.

estética

Os interesados no mundo da sétima arte terán tamén a oportunidade de inscribirse no obradoiro de Introdución á Historia e á Estética do Cinema, cuxas clases fixaranse para os mércores de cinco a oito da tarde.

Neste caso, trátase dunha introdución aos conceptos fundamentais do cinema “nun percorrido que relacionará a historia e a estética do sétimo arte coa historia xeral do século XX, achegándonos a unha historia cultural do cinema”. O historiador e diplomado na Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña, Antonio Brea Ramos, dirixirá a actividade.

Outra das novidades para este cuadrimestre é o taller titulado “A música cos cinco sentidos. Historia(s) da Música”, a desenvolver os martes de cinco a sete da tarde.

Trinidad Gancedo, musicóloga e especialista en Historia da Música, será a encargada de impartir un taller no que se ofrecerá un percorrido pola historia da música no que, a través de audicións comentadas encadradas no seu contexto histórico, e artístico, “aprenderemos a escoitar a música cos cinco sentidos, é dicir, aunando placer estético e reflexión”, saliéntase no programa. Finalmente, o historiador de Arte e propietario da Galería de Arte 9the13 Alberto Cartón ofrecerá un achegamento á arte renacentista no monográfico sobre Miguel Ángel. A actividade terá lugar os luns de cinco a sete.

Os obradoiros están abertos á comunidade universitaria e tamén ao público en xeral.

Pódese recabar máis información na Área de Cultura, a través o teléfono 981 337 400 (extensión 3697) o no correo electrónico cultura.ferrol@udc.es. A matrícula nos obradoiros pode facerse a través da propia páxina web da devandita área.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara