Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Mugardos e Pontedeume celebran o 60 cabodano do guerrilleiro “Pancho”

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O Ateneo Eumés, o colectivo Terra e o Concello de Mugardos organizan diversos actos ao redor da figura de Francisco Martínez Leira, “Pancho” (1916-1954), un dos últimos guerrilleiros antifraquistas, acribillado a balazos nunha emboscada da Garda Civil na parroquia eumesa de Ombre hai hoxe 60 anos. Así, un programa de charlas, concertos e proxección de documentais comezan hoxe ás 12.00 horas no cemiterio da parroquia mugardesa de Meá, onde se fará unha ofrenda floral. As actividades continúan o 16 de xaneiro ás 19.30 horas no local social do Colectivo Terra de Pontedeume (Rúa Boavista, 6), cunha tertulia co historiador Bernardo Máiz sobre “Pancho” e os guerrilleiros antifranquistas, e un concerto posterior a cargo de Mini e Mero. O 23 de xaneiro, o salón de plenos do Concello de Mugardos, acolle outra charla de Bernardo Máiz e xente que coñeceu ao guerrilleiro. O 13 de febreiro, de novo no local do Colectivo Terra,  proxectarase o documental “A cidade da selva”, de Helena Villares e Pilar Faxil, cunha tertulia posterior con Carlos Méixome.
Finalmente, o programa culmina o 20 de febreiro no Salón de Plenos do Concello de Mugardos coa proxección do documental “As silenciadas”, de Pablo Ces. O acto, e a homenaxe, rematarán cunha tertulia coa profesora Aurora Marco. n

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara