Non obstante, indicou que a cornixa cantábrica, como consecuencia do seu modelo de desenvolvemento, "si que resistiu mellor que outras zonas", nunha entrevista concedida á Radio Galega, en que rexeitou que "haxa un desmesurado sector público" e criticou a reforma laboral que "está facendo estragos e acelerando a destrución de emprego".
Candidato á reelección no X Congreso Confederal, Toxo indicou hoxe que en Galicia percibe un momento especialmente "delicado" na construción naval tanto en Ferrol como en Vigo, e perante as preguntas do entrevistador sinalou que non se está a traballar "no escenario de folga xeral". EFE am




















