Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O pioneiro programa “Xadrez nas Escolas” chega este curso a preto de 2.000 escolares

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Está comprobado, tal e como se desprende de moitos estudos científicos, que o xadrez é unha excelente ferramenta pedagóxica. Contribúe ao desenvolvemento intelectual así como á formación do carácter e dos valores, de aí os beneficios que a ensinanza e práctica desta disciplina ten, sobre todo, entre os máis pequenos. E a eles vai dirixido, precisamente, o programa “Xadrez nas Escolas” que un ano máis desenvolven, en virtude dun convenio de colaboración, o Concello de Ferrol –a través da área de Educación– e o Círculo Ferrolán de Xadrez.
A concelleira Susana Martínez Galdós e o presidente da entidade deportiva, Juan Rodríguez Rey, asinaron onte un acordo que permitirá a preto de 2.000 escolares –o curso pasado foron un total de 1.835– gozar deste xogo durante o actual curso académico.
A actividade, considerada complementaria –xa que ten lugar en horario lectivo– está dirixida aos alumnos do último curso de Educación Infantil (5 anos) así como aos cursos de 1º e 2º de Primaria (6 e 7 anos).
O compromiso do Concello de Ferrol é, segundo a propia edila, poder ampliar as clases en próximos anos a máis grupos de idade, ante a demanda que existe por parte dos centros educativos. De feito, desde hai dous cursos extendeuse aos de 7 anos.
O goberno municipal incrementou este ano en 3.000 euros a contía do convenio, que suma un total de 33.000.
Todos os colexios da cidade, os dez públicos e os once concertados, solicitaron participar no programa, que arrancou xa no mes de setembro. Tres monitores do Círculo Ferrolán de Xadrez encárganse de impartir as clases, de media hora de duración por grupo.
Tanto Susana Martínez como Juan Rodríguez Rey salientaron o carácter pioneiro dunha iniciativa que ten suscitado o interese en outros lugares do territorio español. Ademais, para o Círculo Ferrolán ten unha importante repercusión, xa que moitos dos rapaces que descobren a disciplina nas aulas acaban por se incorporar a un clube para competir –na actualidade hai en Ferrol un total de 600 licenzas deportivas en xadrez–.

satisfacción
“Estamos moi satisfeitos dos resultados que se están a acadar con este programa”, comentou onte Rodríguez Rey. Na mesma liña se expresou Susana Martínez Galdós, que, ademais de incidir no carácter gratuíto da proposta – “está sufragada ao 100% pola Concellería de Educación”, dixo–, salientou os beneficios que a práctica deste xogo ten para o desenvolvemento persoal e a formación dos rapaces.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara