Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Publican as bases que rexen as oito modalidades do concurso Lidera Ferrol

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

A Concellería de Xuventude publicou na páxina web do Concello (www.ferrol.es) as bases completas que rexen o concurso Lidera Ferrol 2013, co que se quere fomentar a creatividade dos mozos entre os 16 e os 30 anos. Existen oito categorías nas que concursar e premios de 600, 300 e 100 euros en cada unha delas. O prazo de inscripción estará aberto ata o 3 de abril.

No apartado de curta e videoarte admítense traballos cunha duración máxima de dez minutos. En “deseño de soportes dixitais” pódese presentar unha páxina web, un blog profesional, unha aplicación ou un xogo.

Na modalidade de fotografía admítense de unha a catro imaxes, de estilo libre pero cunha temática común. Deben entregarse en soporte físico sen cristal.

En música recóllense cancións que non sobrepasen os cinco minutos de calquera estilo. Poden presentarse solistas ou grupos (con sete membros como máximo), que deberán optar ó premio cun único tema.

“Deseño de produto” refírese a prototipos, maquetas ou presentacións virtuais, mentres que en cómic e relato curto admítense traballos de temática e técnica libre de oito páxinas en DIN A-4 ou de catro en DIN A-3.

Pintura e escultura tamén teñen técnica e tema libres, con limitacións nas medidas. En teatro e danza tamén son pezas abertas, que se poden presentar de xeito individual ou en grupo, con dez minutos de duración tope.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina