
Ademais do excelente museo, a Sociedade Galega de Historia Natural alberga na súa sede máis de 2.000 volumes especializados en temas naturalistas.
Coa finalidade de achegar este material á cidadanía –que pode acceder ao mesmo na propia sociedade de xeito totalmente gratuíto– e de divulgar o patrimonio natural da cidade, a entidade repetirá este ano, en colaboración co Concello de Ferrol a través da área de Ensino, a actividade “A biblioteca sae a rúa”.
Chegará ademais cunha novidade, xa que ás dúas saídas guiadas por Doniños –unha nocturna e outra diurna previstas para os días 21 e 28 de setembro– sumarase desta volta unha ruta urbana polos xardíns históricos da cidade naval.
3 de xuño
Esta terá lugar o vindeiro 3 de xuño, entre as 11.30 e 12.30 horas. Partirá desde os xardíns das Angustias para rematar na praza de Amboaxe –pasará ademais polo Cantón de Molíns e Alameda de Suanzes, rúa Irmandiños, Alameda do Carbón, Praza Vella e Argüelles e Xardíns de San Franciso e de Herrera–.
O percorrido, de case tres kilómetros de distancia– permitirá aos participantes achegarse ao que queda da que foi a primeira alameda pública de Galicia, que conectaba os barrios de Ferrol Vello e Esteiro, e da que foron derivando un conxunto de xardíns debido ás obras e construcións posteriores.
Prazas
As prazas para cada unha das saídas –todas son totalmente gratuítas– están limitadas a 25, polo que os interesados en participar tendrán que formalizar a inscrición nos teléfonos da SGHN (881 931315 ou 698 141 384) ou no correo museo@sghn.org.
O programa foi presentado onte polo delegado da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol, Xan Rodríguez Silvar, e polo concelleiro de Educación, Suso Basterrechea.