
O IES de Canido e o CEIP Cruceiro de Canido secundaron onte a celebración dos Maios que desde onte ten lugar no barrio. Alumnado de ámbolos dous centros desprazáronse ata o Cruceiro para realizar un acto conxunto en homenaxe á cita primaveral. A festa no barrio, que xa onte incluíu diferentes propostas, continuará hoxe desde as dez da mañá coa apertura da segunda edición do mercado popular de segunda man, artesanía e antigüidades que terá lugar na Praza de Canido. Ás 12.00 será a quenda para o V Certame Literario Escolar “Inventa unha flor” organizado pola Asociación Muíño do Vento e coa participación dos centros escolares do barrio. Música, un roteiro polo barrio, un torneo de fútbol, a actividade para o público familiar do Payaso Piruleta e os concertos de Dissect Mouses (19.00 horas) e Filophóbicas (21.00 horas) completarán a xornada. O programa continuará mañá con novas propostas.