Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O BNG reivindica a Ferrol Vello e a Carvalho Calero e acusa ó goberno local de “marxinar a cultura galega”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O BNG lembrou onte a Carvalho Calero cunha ofrenda floral na súa casa natal, con motivo do 25 aniversario da súa morte. Facelo neste escenario semirruinoso da rúa San Francisco conleva unha forzada referencia á situación de Ferrol Vello, que neste caso se convertiu tamén nunha parte central das actividades. Un pa-sarrúas con ducias de persoas partiu do peirao para percorrer algunhas das zonas máis deterioradas do barrio, depositando caraveis en lugares simbólicos e reivindicando a historia da cidade, coas súas orixes populares, e a figuras como ó propio Carvalho Calero pero tamén Benito Vicetto. A música da gaita de Víctor Agulló acompañou o percorrido ata chegar á rúa San Francisco, onde o candidato á Alcadía do BNG, Iván Rivas, quixo “lembrar o pasado para poder reivindicar o noso futuro”. O contrario, “o esquecemento e a imitación do que nos veña dado desde fóra”, conduce “a unha espiral que non ten máis saída que o deserto e a aniquilación”.
Criticou Rivas “catro anos de goberno acomplexado, cun alcalde incapaz de falar na nosa lingua” cun concepto cultural “rancio”, que “marxina á cultura galega” e está “sometido á centralidade”. Nun escenario de “demolición” reinvindicou a intervención pública para intervir no barrio e fomentar tamén a rehabilitación privada. Ademais, marcou como obxectivos do BNG “a recuperación da nosa autoestima” e “unha política cultural que se base nun tecido denso, que existe pero que está absolutamente abandonado”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620