O próximo sábado ás 23.00 horas a sala Súper 8 (Real, 223) acollerá a actuación da banda madrileña de surf-rock Los Coronas. Esta veterana formación presentará o seu último traballo, “Adiós Sancho” (Tritone, 2013), producido por Craig Schumacher e gravado na localidade de Tucson (Arizona).
Los Coronas, que chegan dentro da xira “Pequeños grandes momentos 1906”, son unha das formación máis destacadas no eido do rock instrumental en España e levan ás súas costas unha ducia de discos. O prezo da entrada para o sábado é de 12 euros anticipada e 15 o mesmo día.






















