Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O litoral de Ferrol e Espasante forman parte do patrimonio acústico europeo

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

O sábado 27 de abril o xeógrafo Juan López Bedoya dirixirá unha ruta sonora pola costa de Ferrol. O venres 3 de maio, en Espasante, haberá tamén un roteiro e un concerto con cantos mariñeiros. Son as dúas propostas vencelladas a Ferrolterra que se realizan dentro do programa European Acoustic Heritage (Patrimonio Acústico Europeo), que se desenvolve en varios países desde 2011 e que agora se pon en común en Galicia. Nunha primeira fase traballouse en Austria, Francia, Finlandia e Galicia rexistrando sons naturais, de oficios tradicionais, mecánicos, industriais, sinais acústicos, de interacción social, silencios e eventos sonoros, entre outros. Agora éntrase na fase de xuntar todos estes coñecementos para compartir os resultados.

O que se pretende é subliñar a relevancia da paisaxe sonora como patrimonio inmaterial, afondando na súa contribución á diversidade cultural europea, segundo informan desde a Consellería de Cultura. Pola parte galega contribúen a Axencia Galega das Industrias Culturais (quen ideou o proxecto), así como a Fundación Illa de San Simón e o colectivo multidisciplinar Escoitar.org. Tamén colaboran a Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere (Finlandia), o Centro de Investigación sobre o Espazo Sonoro e o Medio Urbano de Grenoble (Francia) e o Phonogrammarchiv da Academia de Ciencias de Austria.

Ata o 3 de maio, e desde o pasado 9 de abril, desenvólvense en Galicia conferencias, talleres, paseos sonoros, actividades pedagóxicas, exposicións e concertos nos que se pon en común este traballo.

inscripción

O paseo sonoro pola costa de Ferrol do 27 de abril sairá ás 10.30 horas do teatro Jofre e fará un percorrido de dúas horas pola mañá e de dúas pola tarde para aproveitar as diferentes mareas. Haberá unha pausa para xantar. Hai un número de prazas limitado (vinte), polo que é preciso facer a inscrición a través do correo electrónico info@sinsalaudio.org ou no teléfono 619 637 211. Recoméndase levar auga e roupa de abrigo. Ademais, informan os organizadores de que esta viaxe poderá aprazarse se as condicións meteorolóxicas non son favorables.

Juan López Bedoya é profesor do departamento de Xeografía da Universidade de Santiago. Está especializado en xeografía física e investiga os eidos da xeomorfoloxía e a bioxeografía, participando en proxectos relacionados co paleoclima e a dinámica costeria en Galicia e Arxentina.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos