Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Concello e UDC porán en marcha a comezos de 2014 o aloxamento interxeneracional

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

O programa de aloxamento interxeneracional promovido polo Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña e que permitirá a estudantes do campus de Ferrol compartir vivenda con persoas maiores da cidade que viven soas será unha realidade a comezos do vindeiro ano. Estas son, alomenos, as previsións manexadas por ámbalas dúas institucións, que o pasado 12 de setembro asinaban o convenio para a posta en marcha dunha iniciativa novidosa nos campus galegos  pero que xa está a funcionar con bastante éxito noutras universidades españolas.
A iniciativa, que partiu da institución académica herculina, en concreto desde o Vicerreitorado de Ferrol e Responsabilidade Social que dirixe Araceli Torres, foi moi ben acollida por parte do goberno ferrolán. Unha vez asinado o acordo, creouse unha comisión mixta con técnicos tanto da UDC como do Concello para sentar as bases do programa.
Así, e logo de varias reunións de traballo, “ya se han ultimado todos los documentos y condiciones para llegar a un entendimiento de negociación entre las dos partes, el alumnado del campus de Ferrol y las personas mayores que vivan en nuestra ciudad”. Así o explicou onte a concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, que participou, xunto ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, na visita á nova residencia universitaria pública na que foron recibidos polo reitor da UDC, Xosé Luis Armesto, e por Araceli Torres.
Martínez Beceiro asegurou que o proxecto “podrá estar en funcionamiento en breve; será una realidad a inicios del año  que viene. Estamos a la espera de un folleto informativo, que ya se ha encargado, para que se pueda hacer una divulgación del programa”.

obxectivos
Tal e como se informou no momento da sinatura do devandito acordo entre as dúas institucións públicas, o convenio ten un doble obxectivo: facilitar aos estudantes universitarios un aloxamento accesible nestes complicados momentos marcados pola crise económica e, ao mesmo tempo, que os maiores poidan convivir con persoas novas e intercambiar experiencias con eles. Así, farase unha bolsa de aloxamento con persoas maiores de 60/50 anos que queiran acoller un estudante a cambio da axuda que libremente decidan ambas partes. Tamén se abrirá un período para que o alumnado interesado presente as súas solicitudes.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara