Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

A ruta a cabalo por Esmelle, primeira gran actividade da Semana Cultural

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A AVV Valle de Esmelle inicia a próxima semana as actividades da súa tradicional Semana Cultural. Concretamente o programa ábrese o venres día 26 ás 20.00 horas no local social da entidade veciñal. Alí inaugúrase unha exposición e farase a entrega de premios do concurso de rueiros.
O sábado 27 celébrase a primeira grande actividade, a recuperada Ruta a Cabalo por Esmelle que non se celebrou o pasado ano. Nesta ocasión o programa do sábado comeza ás 10.00 horas cunha concentración de xinetes e equinos. Ás 10.30 horas lévase a cabo a saída da ruta a cabalo, ás 12.00 horas haberá un pincho no muíño do Ferreiro e ás 14.00 horas un xantar no local social da entidade veciñal a base de churrasco con cachelos e criollos, bebida e postres. A partir das 17.00 horas competirase nas categorías de marcha chapeada e serrada, trote trotón e cruzado, para nenos de ata 15 anos.

trofeos
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías. O prezo de inscrición é de 15 euros e as personas interesadas poden facelo no correo electrónico avv@valledeesmelle.com ou nos teléfonos 690 613 017 e 981 365 390.
Desde o día 28 ata o domingo 4 de agosto diariamente non faltarán actividades en Esmelle. Maxia, capoeira, concertos, festas infantís, homenaxe ao ceramista Francisco Pérez Porto ou un mercadiño artesán son algunhas das propostas deste ciclo cultural. Tras unha paréntese, o programa regresa coa culminación do día 17 de agosto, cando se celebra a xa tradicional Romaría Castrexa, que inclúe o pregón do periodista Carlos Agulló, os contos de Pablísimo ou a música de Alén de Ancos. Para apuntarse ao xantar a base de churrasco e crioulos hai tempo ata o 15 de agosto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620