Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Revólver, La Pegatina e Andrés Suárez actuarán nas festas de Cedeira

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A comisión de festas de Cedeira avanza os contidos das celebracións de agosto, para as que xa teñen pechada a presenza de importantes nomes da escena musical galega e española e tamén orquestras de primeiro nivel. Onte mesmo presentaron o cartel, acompañados polo alcalde, Luis Rubido, aínda que todavía se poden agardar novas incorporacións, sobre todo dentro do festival folk.
O programa inclúe no día do pregón, o martes 12 de agosto, o concerto de La Pegatina, unha potente banda catalana que actúa en festivais de toda Europa e que supón un dos principais reclamos dos festexos.
Para o 13 está prevista a celebración dun festival de música folk para o que está confirmada a actuación do acordeonista Óscar Ibáñez, xunto coa banda Tribo. Presentará o seu primeiro e recente disco nunha vila que está moi vencellada ó seu desenvolvemento musical, a través de Robaleira.
Carlos Goñi pisará Cedeira o día 14. Revólver ten sempre gran predicamento en Ferrolterra, onde é reclamado unha e outra vez. Tamén esa noite actuará a orquestra Palladium.
Para o 15 de agosto prepárase a actuación estelar da orquestra París de Noia, sen esquecer o espectáculo de fogos artificiais. Ó día seguinte a tradición fixa a procesión marítima, e no apartado musical o protagonismo será para Andrés Suárez, un cantautor cuxa carreira musical non cesa de medrar e que hai poucos meses estivo de xira por Latinoamérica cos temas do seu disco “Moraima” e outros éxitos da súa traxectoria.
O día 17 será a xira a a San Antonio e pola noite poderase bailar co espectáculo da orquestra Fania Blanco Show.
Durante tódalas festas animarán as rúas Os Festicultores e ademáis incorporaranse outras propostas deportivas e culturais como a Semana Infantil, o Maratón Popular, a Travesía á Ría, o Entroido de Verán ou os xogos populares.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620