
Desatascados polo que parece os problemas entre a Concellería de Cultura que dirixe Reyes García Hurtado e a compañía Ti e Mais Eu Teatro, Caranza acollerá de novo o ciclo Domingos a Escena de teatro afeccionado, que agora estaba cuberto por outro ciclo semellante, Domingos de Teatro. O DOG publicou o pasado día 7 as bases que rexen a actual participación no mesmo, e ata o día 23 as compañías afeccionadas autonómicas que desexen tomar parte poderán solicitalo seguindo as bases. Así, a partir do día 26 calquer domingo podería ser o elixido para retomar as representacións que de todos modos rematarán en xuño. O ciclo terá unha segunda fase de actuacións entre os meses de setembro e decembro do actual 2015.
Para calquera dúbida respecto a documentación a presentar as compañías que así o desexen, o novo equipo coordinador dispón do seguinte número de teléfono de información: 628 011 709, ou o enderezo electrónico: tiemaiseuteatro@gmail.com ou o do formulario da web www.domingosaescena.es.








