Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

O libro de Bernardo Máiz sobre Amada García chega á segunda edición

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Apenas mes e medio despois do seu lanzamento, o libro do historiador Bernardo Máiz “Amada García e os seus arredores”, publicado por Embora, vén de chegar á súa segunda edición.

Segundo se informa desde a devandita editorial ferrolá, a crítica xa definiu o elaborado ensaio sobre a militante comunista mugardesa (1909-1938) de “modélico”, salientando a capacidade do autor para aportar datos tirados de arquivos e de “contextualizar o simbólico crime inzado de crueldade contra esta rapaza e nai en plena carnicería franquista”, apuntan.

Tal e como xa apuntou o propio autor, “este libro non é unha biografía ao uso, non é unha biografía lineal. Amada é o fío condutor dun tempo e dun espazo, presento os parámetros económicos, políticos, sindicales, educativos... de Ferrolterra e de Mugardos, pois Amada era filla do seu tempo, unha muller espelida nun ambiente familiar e local sensible, doado para que ela, e outras, tomaran conciencia de si como mullleres con dereitos, como cidadáns en igualdade”.

O autor presentou onte o libro na Casa da Cultura de Pontedeume. Nas próximas semanas fará o propio en Vigo, Santiago e A Coruña.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620