Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Centos de escolares participarán o 13 de maio en Ferrol nunha nova edición do “Correlingua”

0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos

Centos de escolares da cidade de Ferrol e comarca –aínda segue aberto o prazo de inscrición– tomarán parte o vindeiro 13 de maio nunha nova edición do “Correlingua”, unha actividade promovida desde varios colectivos (Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense) co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre a importancia da defensa do galego e activar accións a prol deste idioma.

Logo de celebrarse nos últimos anos en Narón, a edición do  “Correlingua” correspondente á zona da comarca de Ferrolterra –tamén se celebra noutras cidades e localidades galegas–, volta este ano a Ferrol, onde se desenvolverán as diferentes propostas que integran o programa. Así, como é habitual, a xornada comezará cunha carreira e seguirá coa celebración dun espectáculos musical, a cargo de Luis Pego, que terá lugar no Teatro Jofre.

convenio

A comisión de Cultura e Educación do Concello de Ferrol daba onte, precisamente, o visto bo ao convenio de colaboración coa Asociación Cultural Correlingua a través do cal achegará un total de 600 euros para o desenvolvemento da actividade.

O ano pasado, máis de 700 rapaces secundaron unha convocatoria dirixida fundamentalmente a alumnado de Primaria.Tal e como se informou onte desde a CIG-Ensino de Ferrol, para a edición deste ano xa hai máis de 600 inscripciones.

O calendario do “Correlingua” deste ano botará a andar o 2 de maio en Ourense e rematará o 16 en A Mariña. Se trata dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a reivindicar o dereito “a medrar e exercer como galegos”.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos