Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrol

Un debate sobre emprendemento pechou as xornadas do Rodolfo Ucha

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Unha mesa redonda sobre o emprendemento desde a Formación Profesional así como o espectáculo de rap e parkour a cargo de varios alumnos do centro puxeron onte o colofón ás II Xornadas de Acceso ao Emprego e Relación coas Empresas celebradas desde o xoves polo CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.

Representantes de entidades e proxectos empresariais como Enxendra, de seguridade informática; Sigue tu liga.com, unha plataforma de resultados de fútbol; ou Gaithsa, unha firma virtual de deseño en 3D posta en marcha por alumnos do centro no marco da actividade do Viveiro de Empresas, compartiron coloquio con Enrique Sanfiz, que falou do “crowfunding” –microfinanciamento– ou co coordinador do devandito viveiro do Rodolfo Ucha, Julio Lage.

Pero a derradeira sesión das xornadas deu para moito máis, xa que desde as 9.30 horas sucedéronse as sesións destinadas aos alumnos das diferentes familias profesionais –Informática e comunicacións, Actividades físicas e deportivas ou Edificación e obra civil, entre outras– nas que, entre outras moitas cuestións, abordáronse temas como hardware libre, os perfís profesionais no sector da Informática, a tarxeta profesional ou a innovación e creatividade.

O obxectivo das xornadas foi o de achegar aos estudantes ao ámbito laboral.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica