As entradas para a actuación do cómico Rober Bodegas o 10 de maio, ás nove da noite, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, están xa a venda, segundo informan desde o Concello. Presenta “En el umbral de la estupidez”, unha colección de pequenos monólogos onde o autor reflexiona sobre o fracaso do ser humano como especie.
As localidades pódense conseguir en horario de tarde nas oficinas municipais. Teñen un prezo de oito euros. Ademais, resérvase unha parte para a súa venda en taquilla o propio día da actuación, aínda que nese caso custarán doce euros.
teatro jofre
Tamén están xa á venda as entradas para o concerto de Xoel López, dentro do ciclo “Sons do Jofre”. Será en Ferrol o 18 de maio e as localidades teñen un prezo de 17 euros de forma anticipada. Pódense mercar a través de www.servinova.com.






















